Ir o contido principal

Coeducando

A coeducación é un método de intervención educativo que parte do principio de igualdade entre sexos.

Dende o Concello e coa colaboración, cooperación e coordinación coa comunidade educativa, familias e outras institucións, buscamos articular unha serie de aprendizaxes que, desde as primeiras etapas, fomentarán a adquisición da autonomía, o coidado, a independencia e o empoderamento persoal, o compromiso e a participación social, o recoñecemento e o bo trato respectuoso coa diversidade e libres de violencias.

Debemos crear as condicións e dotar das ferramentas necesarias para que estos aprendizaxes se produzan ao longo de toda a etapa educativa, e a igualdade se converta no normal e non na excepción.