A Concellaría de Participación Cidadá, Transparencia e Asociacionismo ten tres competencias clave.
A intervención da veciñanza na toma de decisión e participación ao respecto do manexo dos recursos e as accións que teñen impacto no desenrolo da súa vila. A participación da veciñanza na vida cultural, económica, política e social, co compromiso de favorecer, impulsar e dinamizar o exercicio deste dereito. Tamén a colaboración e axuda para acadar outros dereitos inherentes á condición da veciñanza como o dereito a información, a petición, a proposta, consulta e de iniciativa cidadá, o dereito a ser escoitado a e intervir nos plenos municipais e en outros órganos territoriais.
O asociacionismo é a vertebración da sociedade civil, por iso o Concello de Cangas creemos moi importante para a nosa veciñanza o promover, potenciar e fortalecer o noso tecido asociativo. Facer medrar o número de asociacións, xerar dinámicas polas que as persoas participen nas actividades das asociacións, xerar recursos ou compartir coñecementos para mellorar a calidade nas actividades son bos fins para conseguir un mellor benestar social na nosa contorna.
A transparencia é unha ferramenta que nos proporciona chegar directamente á veciñanza, onde podemos ofrecer información completa, verdadeira e útil sobre a actividade da administración pública. Invitámosvos a consultar o noso portal de transparencia donde podedes consultar toda a documentación que desexedes coñecer.