A Xunta de Goberno Local é o órgano que baixo a presidencia do/a alcalde/sa colabora con el/ela na función de dirección política e exerce funcións executivas e administrativas. Está integrada polo alcalde ou alcaldesa, que a preside, e os/as concelleiros/as nomeados/as libremente por el/ela como membros desta, sen que en ningún caso o seu número poida ser superior ao terzo do número legal de membros da Corporación, ademais do/a titular da Alcaldía.
A Xunta de Goberno local do Concello de Cangas está integrada por:
- Araceli Gestido Rodríguez
- Iria Malvido Pazó
- Xiana Abal Augusto
- Lucía Docampo Martínez
- Antón Iglesias Franco
- Mª del Pilar Nogueira González
- Mª Aurora Prieto Gago
- Leonor Gala Torres Sabín