Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
A Concellaría de Desenvolvemento Económico, Emprego, Mar e Rural aglutina relevantes aspectos da organización municipal relacionados coa formación e o emprego para, de xeito dinámico e en constante evolución, dar resposta ás necesidades das canguesas e cangueses, dentro das súas competencias, colaborando coas entidades do tecido económico e social local,favorecendo a creación de emprego, o desenvolvemento económico e a mellora das cualificacións profesionais da poboación municipal.