Ir o contido principal

Fondo pola Igualdade “Dolores Blanco Montes”

Fondo pola Igualdade “Dolores Blanco Montes”

Na Biblioteca Central de Cangas está ubicado o fondo de libros pola igualdade que leva o nome de Dolores Blanco Montes, en homenaxe á sindicalista canguesa que sufriu represión na época franquista.

Este fondo bibliográfico, do que se pode desfrutar dende calquera das bibliotecas do Concello, xa suma un total de 555 libros con esta última adquisición de novos materiais. Todos estes libros son de temática sobre a igualdade e a muller en diferentes aspectos, social, sexuais, legais e reproductivos e tamén consta dun apartado de libros de contido infantil e xuvenil.