Dende a Concellería de Benestar, Igualdade, Ensino e Muller, organizamos a terceira parte do proxecto iniciado no 2021 para desenvolver co alumnado dos centros educativos de Cangas. O programa ten como finalidade a sensibilización e a concienciación sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedade.
A proposta foi dirixida aos centros educativos no mes de marzo na que se propuxo que o alumnado traballara sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de Mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo en Cangas. Cada Centro tiña que escoller sobre que Mulleres do noso pasado histórico ou Mulleres contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade é que cada centro dera a coñecer e investigara sobre Mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu Centro ou do lugar onde está situado o centro para ampliar as nosas referentes.
Co traballo realizado cos Centros Educativos que participaron no proxecto: Ceip de O Hío, Ceip Nazaret, Colexio Compañía de María, Ceipp Espiñeira e Ies Montecarrasco realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marca páxinas para distribuír nas bibliotecas e nas librarías.
As Mulleres seleccionadas nesta terceira edición foron: Maruxa Barrio, Marisa Núñez, Sandra Bastón, As Redeiras, María Teresa Miniño e Sonia Cordeiro.
Este ano entran na campaña as librarías Viláfer, Wells e A Esmorga, que terán un espazo para visibilizar o traballo de autoras e de libros e contos con perspectiva de xénero.







