Ir o contido principal

Persoas maiores

As persoas maiores sempre desempeñaron un papel moi importante na nosa sociedade, foron e son líderes, coidadores e coidadoras e co papel de ser depositarios da memoria de todos e todas e custodios da tradición.

Actualmente o 20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e en 5 anos dito porcentaxe aumentará ata un 25% e porcentaxe que seguirá en aumento. Non creemos no illamento das persoas maiores, nin na súa presenza testemuñal para encher espazos públicos.

Queremos ver as persoas maiores integradas na vida da vila como suxeitos activos, polo que traballaremos man a man , nun ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE que busca a integración activa deste colectivo.

Un dereito ao ocio, á formación, á cultura, e á práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidas intervir activamente na vida económica, social, cultural e política.

A todas as persoas maiores parabéns pola riqueza que nos proporcionades e grazas pola vosa loita en defensa de moitos dos nosos dereitos, hoxe tócanos devolver aos maiores todo o que eles aportaron a nosa vila.

Pirámide poboación