Ir o contido principal

Servizos sociais, igualdade, feminismo e sanidade

Horario

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Os Servizos Sociais Municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía, ao mesmo tempo que o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade da veciñanza. Favorecemos a participación e o libre desenvolvemento das persoas, dos grupos da sociedade e o fomento do desenvolvemento comunitario, a través de programas e axudas con especial incidencia naquelas persoas ou colectivos que, por calquera circunstancia, están en situación de desvantaxe social.

Persoal

Os programas do Centro Municipal de Benestar Social son desenvolvidos por un equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito social integrado por:

  • Director CMBS.
  • Psicóloga. Educadora Familiar.
  • 2 Educadoras Sociais.
  • 3 Traballadoras Sociais.
  • 2 Auxiliares Administrativos.

Este equipo profesional realiza a atención á cidadanía, facilitando o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diferentes áreas de actuación:

  • Inclusión social.
  • Discapacidades.
  • Voluntariado.
  • Migracións.
  • Drogodependencias.
  • Dependencia.
  • Familia, infancia e mocidade.
  • Mulleres.
  • Maiores.
  • Comunidade.

Funcións dos servizos sociais comunitarios

No marco do establecido no artigo 11 da Lei 13/2008, son funcións dos servizos sociais comunitarios básicos as seguintes:

  • O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e
    análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de
    intervención.
  • A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
  • A identificación de grupos de poboación e persoas socialmente vulnerables e a detección precoz de situacións de risco ou desprotección para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
  • A atención das situacións individuais e familiares, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente xestión do caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou doutros sistemas de benestar, así como a asistencia, a orientación e, se é preciso, o acompañamento, no procedemento de acceso normalizado a outros recursos existentes.
  • A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  • A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
  • A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
  • O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
  • O mantemento actualizado do sistema de información de persoas usuarias.
  • A coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no seu territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación.
  • A cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias, sen prexuízo da observación das garantías garantías establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

O libre acceso á información pública, é clave na percepción dun goberno aberto. Preséntase e faise público o Informe de Xestión da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas, como un exercicio de transparencia e rendición de contas da xestión realizada nos últimos catro anos nesta área.