Ir o contido principal

Cultura

Desde a área de cultura deste Concello poñemos a disposición da veciñanza e de todas as persoas que nos visitan unha oferta cultural estábel e actual e atendendo sempre a criterios de excelencia.

Dispoñemos dunha serie de espazos privilexiados dotados dunha programación pensada para que os cidadáns teñan acceso a calquera manifestación cultural.

A través deste espazo presentamos os principais equipamentos culturais que o Concello de Cangas pon a vosa disposición, así como a súa programación.

O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a toda a cidadanía,  promove e desenvolve toda unha serie de actividades arredor dos seus equipamentos culturais. 

O auditorio coñecedor da importancia do teatro na nosa vila convértese en catalizador da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo pero tamén de magníficas propostas relacionadas con outros ámbitos como a danza ou o cinema. 

Asemade o Servizo de Bibliotecas do Concello (Central, Aldán, Coiro, Darbo e O Hío) permite aos cidadáns o acceso a manifestacións culturais impresas ou en calquera soporte ademáis de ter unha programación estábel de actividades de promoción lectora. 

Equipamentos como a Capela do Hospital, as Salas de Exposicións da Casa da Cultura ou a do Auditorio axudan a achegar unha variada oferta artística. 

Todo isto sen esquecer que moitos destes equipamentos ofrecen salas de ensaio onde calquera colectivo que o precise atopará un espazo onde desenvolver a súa actividade cultural.