Ir o contido principal

Igualdade

Igualdade

Igualdade na diversidade

A igualdade de xénero defínese como a igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades das mulleres e os homes, e das nenas e dos nenos, tendo en conta que non quere dicir que homes e mulleres sexamos iguais, senón que dentro das nosas diferenzas como individuos, debemos ter igualdade no acceso aos dereitos, responsabilidades e oportunidades, e que estos non dependan do noso sexo.

O recoñecemento da igualdade de xénero foi unha conquista histórica das mulleres, pero sabemos que non chega con decretar a igualdade na lei se na realizade non é un feito. Para seguir contribuíndo neste modelo de cambio, dende a Concellería de Igualdade e Feminismo en colaboración e coordinación cos diferentes axentes sociais levaremos a cabo actuacións e accións para garantir a igualdade de trato e acceso aos recursos e o recoñecemento ás diferenzas e a diversidade na escola, no traballo, ao servizo da saúde e da seguridade social, gozar da liberdade para elixir e decidir libremente como é con quen vivir as nosas vidas.