A Concellaría de Servizos e Enerxía é a encargada do mantemento e control dos Servizos Municipais do Concello. Este departamento ademais serve de apoio e loxistica a outras concellarías que precisan infraestruturas para o desenvolvemento das súas actividades.
FUNCIÓNS
Mantemento das infraestruturas urbanísticas de todo tipo e de servizos municipais con medios propios e ou servizos externos.
- Execución, seguimento e control da limpeza viaria e xardíns públicos.
- Mantemento de zonas de lecer e parques infantís.
- Mantemento das instalacións de alumeado público dependentes do Concello.
- Mantemento preventivo das instalacións de calefacción e climatización propiedade do Concello.
- Seguimento do servizo contratado de mantemento de ascensores e aparellos elevadores instalados en edificios e locais municipais.
- Mantemento de camiños de titularidade municipal, reposicións e/ou reparación de pavimentos, rozas, beirarrúas, etc.
- Sinalización de viais. Sinalizacións, tanto horizontais como verticais para mellorar a seguridade viaria en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade.
- Traballos de mellora da accesibilidade en colaboración coa Concellaría de Mobilidade.
- Obras de canalizacións ou separacións en vías de titularidade municipal con medios propios e/ou seguimento de proxectos executados por empresas adxudicatarias dos servizos.
- Instalación e mantemento de mobiliario urbano (bancos, papeleiras, varandas, marquesiñas, espellos, sinais, etc.).
- Mantemento das Dependencias Municipais, instalacións deportivas, accesos e instalación en praias, centros sociais, etc., fontanaría, pintura, electricidade, telecomunicacións, carpintería, albanelaría, ferraxería, etc.
- Colaboración coa infraestrutura cultural e festiva nas actividades organizadas desde as áreas municipais de cultura, turismo, xuventude, benestar social, etc., e/ou das asociacións e colectivos con autorización municipal.
- Mantemento dos Cemiterios Municipais.
- Mantemento dos Centros de Ensino públicos de Educación Infantil e Primaria.
- Mantemento de instalacións deportivas e colaboración coas actividades programadas desde a Concellaría de Deportes.
- Mantemento de instalacións e servizos a praias en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente e Turismo.
Xestión dos consumos e facturación das subministracións de titularidade privada que se prestan como usuario ao Concello (gas, electricidade, etc.).
Xestión dos trámites de cambios de titularidade da subministración de enerxía eléctrica cando unha instalación sexa cedida ao Concello por parte de urbanizacións ou outras administracións públicas.
Informes e seguimento a empresas subministradoras de servizos cuxa titularidade é privada.
- Informes relativos aos servizos afectados (que infraestruturas municipais poden estar afectadas, abastecemento, saneamento, pluviais, ou rede pública de alumeado) pola execución dunha obra por parte dunha empresa subministradora (Telefónica, Fenosa, R, Gas, etc.).