
Horario de atención ao público: martes e xoves de 9:00 a 14:30
Na nosa sociedade faise cada vez máis necesaria a información ás persoas consumidoras e ao usuariado, para que coñezan os seus dereitos e deberes e poidan exercelos con máis responsabilidade e sabendo defendelos.
Son dereitos básicos das persoas consumidoras e o usuariado:
- O dereito á protección da súa saúde e seguridade, e do medio natural axeitado.
- O dereito á protección dos seus intereses económicos e sociais.
- O dereito á información e educación en materia de uso e consumo.
- O dereito a crear as súas propias organizacións en orde á representación e defensa dos seus intereses.
- O dereito á protección xurídica, administrativa e técnica e a reparación de danos e prexuízos.
A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de protección dos dereitos das persoas consumidoras. Co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses das persoas consumidoras e usuariado galego, creouse no ano 1994 o INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (IGC) como un organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria.
A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un servizo gratuíto e municipal que presta o Concello de Cangas a cidadanía do municipio.
Tamén podes acudir ao Servizo Provincial de Consumo sito en Vigo, na Praza da Estrela 9, 7ª planta, e o seu horario é de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
Obxectivos a cumprir pola OMIC Cangas
- Atender, informar, e asesorar telefonicamente e presencialmente as consultas realizadas polo usuariado en materia de consumo.
- Informar, mediar e axudar a cumprimentar as follas de reclamacións.
- Trasladar as reclamacións ao Instituto Galego de Consumo no seu Servizo Provincial de Vigo.
- Formar en materia de consumo ás persoas participantes nos obradoiros ou charlas feitos pola OMIC de Cangas previa petición dos centros educativos ou asociacións.
Teléfono gratuíto de consumo: 900 23 11 23