Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
O Concello de Cangas presta especial atención ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e da posta en marcha de programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas da nosa vila.
Ademais dunha Concellaría Delegada de Normalización Lingüística, a Corporación Municipal procura a promoción do idioma galego, centrándose no uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio; de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.