A Concellería de Xuventude e Voluntariado de Cangas ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 35 anos.
As infraestruturas municipais xestionadas pola Concellería de Xuventude son:
- Casa da Xuventude (Rua Real, 29) , que acolle os servizos administrativos da Concellería, os Espazos de lecer infantil e xuvenil (Ludoteca) a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), A Oficina Municipal de Voluntariado, e o Consello Municipal de Deportes
- Local de Ensaio (Cimadevila)
Os servizos que oferta a Concellería á poboación xuvenil resúmense en:
a) Información e asesoramento xuvenil, pondo a disposición da xuventude os recursos informativos que lles permitan desenvolverse como persoas en proceso cara a autonomía. Os eidos que se abordan son emprego, ocio e tempo libre, estudantes, cursos e obradoiros, asociacionismo, voluntariado, garantía xuvenil, emancipación, etc.
A labor de información realizase presencialmente na Casa da Xuventude, que, a súa vez, é onde se levan a cabo o labor de asesoramento e orientación xuvenil.
Durante o curso académico tamén desenvolve un programa de difusión da información a través dos Correspondentes Xuvenis nos centros de educación secundaria.
b) Dinamización xuvenil, posibilitando a socialización dos mozos e mozas e a realización de actividades que lles permitan gozar do seu tempo libre e desenvolver as súas capacidades dun xeito saudable, creativo, e responsable. As programacións desenvólvense nos locais da Concellería de Xuventude:
- Cursos e obradoiros xuvenís. Desenvolvense na Sala de Obradoiros da Casa da Xuventude
- Certames: Cartas de amor e Comic
- Campamentos de verán
- Salón do comic: Programa bienal no que conviven exposicións con debuxantes e outras actividades relacionadas con esta disciplina artistica
- Musicangas – Programa de Promoción de Bandas Locais
- Tramitación de Carnes para a Mocidade
Os servizos que oferta a Concellería á poboación infantil resúmense en:
a) Ludoteca, posibilitando o desenvolvemento dos máis cativos e cativas a través do tempo libre educativo ao longo do curso académico e facilitando, asemade, a conciliación familiar
As programacións lévanse a cabo nos espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude.
b) Enredos de Verán (oferta de campamentos e actividades de verán do Concello de Cangas coa premisa de conciliar a vida Laboral e familiar)
Os Servizos que oferta para os /as voluntarios/as :
A oficina de Voluntariado de Cangas nace coa vocación de ofertar aos/ás voluntarios/as a posibilidade de satisface-las súas inquedanzas. Dende este servizo trátase de fomentar o movemento asociativo do voluntariado e crear un punto de información e orientación, establecendo a regulamentación que permita garanti-la participación e a coordinación de persoas que queiran colaborar nos programas ou eventos organizados dende as distintas áreas municipais ou asociacións locais.