Emerxencia Social, é aquela situación favorecedora de estados de vulnerabilidade e de desprotección para as persoas que a sufren; é por iso faise preciso unha resposta inmediata
O Concello conta con axudas de carácter económico ou en especie para dar resposta a estas situacións de emerxencia social e programas para loitar contra a exclusión social. Están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorren factores de risco, non podendo atender as súas necesidades básicas. Son axudas orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias de carácter de urxente e extraordinario, destinadas a paliar situacións carenciais e transitorias, imprevistas ou excepcionais, así como para previr o agravamento das mesmas.
Tamén na línea de emerxencia social contamos con :
a) Becas de Comedores Escolares: Máis información
b) Bonificacións Programa Enredos: Máis información
c) Bonificacións Obradoiros de Lecer: Máis información
d) Bonificación Piscinas: Máis información
e) Banco de libros: Máis información
f) Apoios de reforzo educativos
Lugar de tramitación: Centro Municipal de Benestar Social