Que é?
O CIM, Centro de Información á Muller, é un recurso de titularidade municipal, dependente da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, no que se promove unha intervención global dirixida ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico, apoio psicolóxico, orientación sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Os CIM prestan atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.
Como funciona?
- Atención telefónica e directa baseada nos principios do anonimato, da confidencialidade e do respecto á vontade das mulleres.
- Programación de actividades e campañas de sensibilización para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e concienciar na necesidade de erradicar toda forma de violencia de xénero.
Servizos
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Información sobre recursos dispoñibles na comunidade, cursos, xornadas, estudos en materia de igualdade e violencia de xénero.
- Asesoramento xurídico e psicolóxico con cita previa.
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación e traslado destas aos órganos competentes.
Horario
Horario atención ao público:
- de luns a venres de 9.00 a 14.30.
Asesoramento xurídico:
- martes de 8.30 a 15:00.
- xoves de 11.30 a 15.00.
Asistencia psicolóxica:
- de luns a venres de 9.00 a 14.00.
Teléfono da Muller: 900 400 273
O teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
Ministerio de Igualdade: 900 19 10 10