Ir o contido principal

Feminismos

Os feminismos son o conxunto de movementos sociais e políticos que dende diferentes prismas e diversidades, visibilizaron que as mulleres como colectivo, foron obxecto de opresión, dominación e explotación ao longo da historia e crearon un espazo de loita para reivindicar: a igualdade de trato, o recoñecemento das mulleres como suxeitos de dereitos, a valorización das mesmas, dos seus saberes e do considerado asociado ao “rol feminino”, a aposta pola sororidade como ferramenta de interacción horizontal e cooperativa e a construción doutra maneira de entender e crear relación co entorno e coas persoas. Moitos dos avances como sociedade veñen da promoción do empoderamento e a autonomía das mulleres, da transformación das desigualdades asociadas ao xénero nas diferentes áreas da vida (traballo produtivo e reprodutivo, educación, cidadanía, ocio, cultura, etc.), da conquista de dereitos e da transformación de roles de xénero.

Dende a Concellaría de Igualdade e Feminismos queremos contribuír á equidade dentro da diversidade de xéneros con xestos, ferramentas e diferentes mecanismos que potencien a transversalidade, o empoderamento das nosas veciñas, incorporando a perspectiva de xénero e a mirada feminista en todas as actuacións que leva a cabo o Concello para lograr unha vila máis democrática, xusta, diversa e respectuosa.