Ir o contido principal

Obras e infraestruturas

A Concellaría de Obras e Infraestructuras é a encargada da execución, seguimento e control da obra pública en xeral e da xestión das infraestructuras do Concello. 
 
 

FUNCIÓNS
Proxectos, Obras Civís e Xestión de Infraestructuras: 

- Estudo e planificación das obras a executar polo Concello, ben sexa a cargo do orzamento municipal, ben subvencionado por outra administración pública ou ben mediante financiamento mixto.


- Elaboración de proxectos técnicos de obras civís, dirección facultativa das obras de iniciativa municipal e supervisión de proxectos redactados por técnicos externos contratados se fora o caso.


- Seguimento dos contratos que teñen por obxecto a execución de obras, servizos ou subministracións da rama da enxeñería.


- Seguimento de todos os servizos e subministracións municipais adxudicados a empresas externas. Compróbase o cumprimento dos requisitos esixidos nos pregos e realízase o seguimento na prestación do servizo, atendendo ademais, ás posibles queixas/reclamacións presentadas respecto diso.

 

Programas Supramunicipais e convenios asinados con outras administracións públicas.
Xestión a nivel municipal, de Programas Supramunicipais, subvencións e convenios asinados con outras administracións públicas, que se convocan e asinan cada ano. Dende a Concellalia realízanse as xestións e seguimentos necesarios para cumprir coas bases/cláusulas dos devanditos programas, subvencións ou convenios.

 

Coordinación de actuacións realizadas por outras administracións ou organismos públicos no termo municipal de Cangas (adecuación de estradas provinciais ou autonómicas por parte da Deputación, Xunta ou Estado; outros organismos públicos etc.).