
Que é o Consello Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes?
O Consello Municipal de Igualdade, constitúese como un organismo de representación, participación e comunicación de carácter consultivo entre o movemento asociativo e a administración local para a toma de decisións sobre as políticas públicas destinadas á consecución do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida política, económica e social do municipio e con implantación en todo o termo municipal de Cangas.
Obxectivos prioritarios
- Canalizar a participación da cidadanía a través das entidades, organizacións e institucións máis representativas nos sectores de actuación da Concellería con competencias en materia de igualdade.
- Promover e dar prioridade ás iniciativas da Concellería e doutras institucións, derivadas das análises, estudos e demandas realizadas sobre temas relativos aos principios de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- Potenciar a coordinación entre as institucións que actúen neste eido en Cangas.
- Estudar e emitir informes sobre os temas que considere de interese para a promoción da igualdade.
- Propoñer actuacións e acordos ás diversas Concellerías, á Corporación, aos Consellos municipais e a cantas outras institucións incidan coas súas actuacións, ou coas súas omisións, no ámbito da igualdade.
- Analizar as actuacións e intervencións que no ámbito da igualdade se produzan no municipio para darlles resposta.
- Informar, debater e difundir temas sobre dereitos das mulleres.
- Apoiar e fomentar o asociacionismo das mulleres ou daquelas asociacións que teñan entre os seus obxectivos o principio de igualdade para acadar maior participación e solidariedade.
- Velar pola aplicación do principio de igualdade nas actuacións municipais.
- Participar na elaboración dun Plan municipal de igualdade de oportunidades para as mulleres e homes do Concello de Cangas e, unha vez aprobado polo Pleno, participar no seguimento.
- Propoñer actuacións para a igualdade de oportunidades das mulleres no municipio.
- Denunciar as condutas de discriminación sexista.
- Calquera outra función relacionada coa igualdade de oportunidades que puidese encomendárselle.
Requisitos para ser membro do Consello Municipal da Igualdade
As asociacións e colectivos que traballen con enfoque de xénero ou na área de igualdade, debidamente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións podrán solicitar por escrito por rexistro do Concello a súa solicitude de incorporación ao CMI, motivando a súa solicitude de incorporación.
Membros actuais do Consello Municipal da Igualdade
- Representación Sindical: CUT e CIG
- Representantes políticas: ACE, PSOE, AVANTE, BNG e PP
- Asociación Lactancia Materna Chuchamel
- Asociación Púrpura
- ADICAM
- Asoc. A Cepa
- Asoc. Mulleres progresistas de Darbo
- Asoc. Redeiras de Cangas
- Asoc. Escola Vella do Hío
- Mostra Internacional de Teatro: Mulleres en Acción
- Asoc. Amas de Casa
- Asoc. Mulleres A Ponte de Aldan
- Adsoc. Mulleres de Cima de Vila
- Asoc. Viudas Demócratas de Vigo
- Federación de ANPAS