Ir o contido principal

Salón do comic

18 Salón do Comic de Cangas

Un papel en branco, lapis e moita imaxinación son os ingredientes suficientes para dar forma a una historieta. Calquera persoa pode deixar voar a súa imaxinación para expresarse a través dun relato e dun debuxo. Superheroes, pantasmas, princesas, castelos, animais, obxectos, todos eles son susceptibles de cobrar vida e converterse nos protagonistas das nosas historias.

En Cangas, o mundo da viñeta dá os seus primeiros pasos da man da Asociación Cultural Xiria a través dunhas xornadas dedicadas a este arte, e a Concellaría de Xuventude toma o relevo, organizando no ano 1999 o primeiro Salón do Cómic de Cangas.
 
Así, ano tras ano, comezan a achegarse a Cangas debuxantes recoñecidos a nivel mundial, como o noso padriño e embaixador Horacio Altuna, e outros que, ao igual que nós, empezaban a darse a coñecer neste universo fascinante da viñeta e que a día de hoxe son debuxantes consagrados.
 
Van xa 18 anos e decenas de debuxantes os que pasaron por Cangas amosándonos as súas páxinas e deleitándonos cos seus debuxos. É obrigado mencionar a Miguel Anxo Prado, que tivo a ben visitarnos o primeiro ano amosando o seu apoio nestes primeiros pasos. E como non, aos colaboradores, que nos mostraron e nos abriron as portas a este arte: Dani Montero, Norberto Fernández e José Antonio Calvo.
 
No Salón do Cómic teñen lugar, entre outros, os seguintes actos:

  • Exposicións dos/das autores/as invitados/as
  • Sinaturas e  mesas redondas cos debuxantes
  • Proxección de películas
  • Venda de cómic por librerías especializadas
  • Obradoiros de cómic para nenos e nenas
  • Visionado de portafolios de debuxantes noveis
  • Animación de rúa
  • NOVIDADE: 1º Concurso Pasarela Cosplay