A Concellería de Xuventude de Cangas conta co Local de Ensaio de Cimadevila, como espazo adicado especificamente á promoción de grupos musicais xuvenís, asociacións de música e baile tradicional, teatro e outras expresións artísticas promovidas por xoves.
O local de Ensaio preséntase tamén como a resposta a demanda tanto do sector xuvenil como das Asociacións Culturais, de cubrir as necesidades existentes en canto a instalacións para desenvolver as súas iniciativas e consolidalas en proxectos de futuro.
Así mesmo, preténdese fomentar, promover e organizar actividades conxuntas entre asociacións de distinta natureza, para favorecer dinámicas de cooperación e potenciar actividades multidisciplinares e relacións interxeracionais.
O “Local de Ensaio de Cimadevila” dependerá orgánicamente da área de mocidade do Concello de Cangas.
O Local de Ensaio sitúase nas instalacións da antiga escola infantil de Cimadevila e conta cos seguintes espazos:
- Sala de baile: Sala dotada espellos e tarima. Destinada a realizar actividades relacionadas co baile, danza e algunhas modalidades deportivas.
- Salas 17 de maio e 25 de xullo: Aulas acondicionadas para actividades formativas.
Ámbalas dúas salas contan con mobiliario adecuado para desenvolver todo tipo de curso (cadeiras, mesas, pantallas e proxectores) Ao estar comunicadas por unha barreira móbil, as dúas salas poden ser utilizadas como unha única sala de reunións.
- Sala de reunións I e II: Estancias pensadas para pequenas reunións ou local de traballo de pequenos proxectos.
- Auditorio Bernardino Graña: Sala dotada de escenario móbil, capaz de adaptarse a tódalas necesidades que poidan xurdir no desenvolvemento da promoción xuvenil: ensaios, representacións teatrais, conferencias, velatorios, etc.
- Sede da AAVV NOS: Despacho para uso da asociación de veciños do lugar.
- Almacén: Na actualidade de uso para as actividades do Clube Columbófilo Pombas do Morrazo
- Vestiario: Dotado de armarios con chave, bancadas e percheiros.
- Area de descanso: Dotada de cadeiras, mesas e máquinas expendedoras de bebidas, frías, quentes e “snacks”.
- Aseos e duchas
REQUISITOS
Para solicitar unha sala no local de ensaio é preciso cubrir a instancia correspondente e respectar as normas de funcionamento dos espazos de xuventude .
Os espazos serán concedidos en función da disponibilidade existente e terán preferencia tódolos colectivos censados en Cangas.
- As asociacións ou entidades de promoción xuvenil e cultural deberán ter, como mínimo, ámbito de actuación local.
- Poderán acceder á cesión de locais as asociacións xuvenís e colectivos culturais, que estean en activo, cuxo obxecto sexa a promoción xuvenil e o fomento do dinamismo social.
- As asociacións ou entidades de promoción xuvenil deben colaborar o comprometerse a participar nas actividades xuvenís promovidas dende a Concellería de Xuventude.
- As asociacións ou entidades comprometeranse a notificar os desperfectos detectados nas instalacións. De non facelo, pasaran a ser responsabeis do deterioro.
- As asociacións ou entidades responsabilizaranse de facer un uso correcto do material e do comportamento cívico de cada un dos seus membros.
- Cada usuario ten a obriga de respectar os horarios que ten asignados para realizar
- Xunto coa instancia deberan presentar a seguinte documentación:
-
Fotocopia dos estatutos da asociación.
-
Fotocopia do CIF.
-
Fotocopia do DNI do/a representante.
-
Sinatura do/a solicitante e selo da Asociación
-
Para solicitar información sobre o procedemento de acceso ao empréstito de locais da presente convocatoria, poderán dirixirse á Casa da Xuventude, na rúa Real, 29 ou ao telefono 986392171.