É un programa da Dirección Xeral de Xuventude que pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro seleccionado, na que se responsabilice o alumnado de recoller a información en materia de xuventude que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e dende as OMIXs, e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil, o persoal das OMIXs e co profesorado participante no programa.
Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas, estudantes de segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, encargaranse de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.
A OMIX do Concello de Cangas en colaboración ca DXX iniciou este programa en xaneiro do 2015, acadando a participación 17 Correspondentes de diferentes centros de Ensino.
Durante o curso 2019-2020 contamos con 53 participantes distribuidos en catro dcentros de ensino, IES RODEIRA, IES MARIA SOLIÑO, IES MONTECARRASCO,COLEXIO EDUARDO PONDAL: