Ir o contido principal

Cursos e obradoiros de tempo libre

Dentro da programación da Concellaría de Xuventude de Cangas, e como complemento dos servizos de información xuvenil e de dinamización xuvenil, convócanse un conxunto de cursos e obradoiros normalmente de educación non formal, que buscan completar a capacitación dos mozos e mozas, así como proporcionar habilidades técnicas e sociais que faciliten a inserción sociolaboral dos/das participantes.

Trátase dunha oferta de curta duración e eminentemente práctica que, en moitas ocasións, permite despertar o interese sobre aspectos descoñecidos ou insuficientemente desenvoltos, sempre en función da demanda e de necesidades detectadas na interacción coas persoas usuarias dos servizos de xuventude.

Algúns dos cursos que están contando cunha importante demanda son “Monitores de tempo libre, “Fotografía”, “Primeiros auxilios”, “Calceta e ganchillo“, “Voluntariado”, etc.