A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Casa da Xuventude de Cangas presta os servizos de información á mocidade no concello de Cangas atendendo aos requirimentos da lexislación de Xuventude de Galicia. Ademais presta servizos especializados de asesoría en materia de ocio e tempo libre, estudantes, asociacionismo, voluntariado e temáticas que en cada momento resultan de interese para os mozos e mozas (garantía xuvenil, etc).
A OMIX de Cangas facilita a información presencial e a información virtual.
a) Na información presencial, os/as técnicos/as de información xuvenil atenden a diario nas oficinas da Casa da Xuventude, en horario de mañá e tarde, as demandas de información facendo; se o require o caso; o asesoramento oportuno.
Tamén se conta cos taboleiros de información xuvenil nos que se realiza unha selección das novas de maior interese. Complementariamente a estes servizos, disponse de información nos taboleiros dos diferentes centros educativos que participan no programa de Correspondentes Xuvenis.
Na Casa da Xuventude tamén se realizan charlas de información xuvenil a demanda de colectivos, asociacións ou centros de ensino e cursos e obradoiros de Tempo Libre.
b) Na información virtual, traballase sobre o Facebook dando difusión da información que consideramos mais relevante para o colectivo xuvenil.
Na web disponse de lugares específicos para as principais áreas de información( cursos e obradoiros, estudantes e ocio e tempo libre) e paulatinamente vanse incorporando novos espazos para áreas como asociacionismo, voluntariado, etc.
Algúns dos temas máis solicitados nos servizos de información xuvenil teñen que ver con: ofertas de emprego e, particularmente, coa estratexia de Garantía Xuvenil; cursos de formación e obradoiros; carnés con beneficios para xóvenes; becas e alternativas de formación profesional; como constituír unha asociación xuvenil; como participar nos programas de voluntariado.
Na Casa da Xuventude tramítase a expedición do Carné Xove, Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor, Carnés de Alberguista, realizando a xestión completa do mesmo: entrega de documentación, recollida dos formularios e expedición no momento do carné.