Ir o contido principal

Oficina Municipal de Voluntariado (OMV)

Oficina Voluntariado Cangas

Quen somos

A Oficina Municipal de Voluntariado de Cangas nace coa vocación de ofertar ás persoas voluntarias a posibilidade de satisfacer as súas inquietudes. Desde este servizo tratarase de fomentar o movemento asociativo do voluntariado e crear un punto de información e orientación, establecendo a regulamentación que permita garantir a participación e a coordinación de persoas que queiran colaborar nos programas ou eventos organizados desde as distintas áreas municipais ou asociacións locais.

 

A quen vai dirixida

A tódalas persoas con inquietudes voluntarias que queiran colaborar en proxectos de interese social.

 

Con quen colabora

A Oficina de Voluntariado colabora con asociacións locais e con outros departamentos municipais.

 

Poboación destinataria segundo segmento de idade

  • Infantil

  • Xuvenil

  • Adulta

  • Maior

 

Áreas de intervención

  • Voluntariado e inclusión social.

  • Voluntariado e autonomía persoa.l

  • Voluntariado e infancia e xuventude.

  • Voluntariado e cooperación.

  • Voluntariado Ambiental.

  • Voluntariado Cultural.

  • Voluntariado Cívico.

 

Ámbitos do voluntariado

  • Administración pública e voluntariado.