Ir o contido principal

Ludoteca

Horario

Horario de luns a venres de 17:00 a 20:00, os meses de outubro a xuño.

A Ludoteca da Casa da Xuventude parte da necesidade de ofertar actividades lúdico-educativas para o tempo de ocio de nenas e nenos, sector social que tradicionalmente demanda e precisa deste tipo de servizo, tratando de conciliar a vida familiar e laboral
O proxecto  apoiase nos pilares principais educativos e de ocio actuais, onde priman a experimentación, a manipulación e o aprendizaxe por descubrimentos con base lúdica.

Na Ludoteca da Casa da Xuventude realízanse obradoiros de tempo libre temáticos, que se realizarán seguindo un fío condutor que enmarcará as actividades de cada mes.

Dende a Concellería de Xuventude ponse a disposición das persoas interesadas este servizo que ten como obxectivos os seguintes:

  • Promover o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos/as.

  • Conseguir que os/as pequenos/as adquiran hábitos saudables e construtivos no seu tempo de lecer

  • Axudar aos cativos/as a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo, a lectura e a experimentación.

  • Promover actitudes participativas nas actividades lúdicas e socioculturais

  • Establecer pautas e bases normativas cívicas e sociais de respecto e interacción nas actividades grupais

  • Educar en valores

  • Detectar precozmente condutas inadecuadas como agresividade, illamento, retraso na maduración, marxinación, e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.

O servizo da Ludoteca esta dirixido a Nenos e nenas do Concello de Cangas que teñan entre 4 e 10 anos

Este servizo conta  con actividades de carácter permanente obradoiros,animación a lectura, xogos, etc.,  ás que poderán acceder tódolos usuarios  que se inscriban para esas actividades.

Ademais de estas actividades, realizaranse  outras actividades culturais e celebración de datas sinaladas, etc, para participar nestas actividades,todas/os os  usuarios deberán entregar unha autorización que se lles entregará previamente.

Tódalas/os usuarias/os, así coma nais/pais/titores, terán acceso ao calendario e programa da ludoteca no que se reflectirán as diferentes actividades, horario, datas e periodicidade.

As actividades semanais que se desenvolven :

  • Animación á lectura
  • Xogos tradicionais
  • Dinámicas de grupo
  • Contacontos
  • Reciclaxe
  • Obradoiros
  • Conmemoración de datas sinaladas
  • Promocionar a lingua e literatura galega