Ir o contido principal

Núcleo urbán

A vila de Cangas, e moi particularmente a súa Zona Monumental, acolle un rico patrimonio artístico cada vez máis recoñecido e valorado. Neste antigo burgo de pescadores, a man sabia do canteiro e o bo facer dos seus homes e mulleres ao longo dos séculos , acabaron legándonos a  preciosa arquitectura mariñeira, que funde as súas raíces na tradición medieval.

Pero Cangas non é soamente historia, senón tamén presente; un presente de grande vitalidade, no que a nosa zona urbana continúa embelecéndose con novos e magníficos edificios contemporáneos.