Ir o contido principal

Como chegar

Por estrada

A vía de comunicación máis importante é a PO-551, que comunica a comarca coa vertente da ría de Vigo e Pontevedra. No seu percorrido pasa polos concellos de Moaña, Bueu e Marín. Desde Vigo, pola AP-9, autoestrada do Atlántico, cruzando a Ponte de Rande e enlazando coa vía de alta capacidade do Morrazo CRG41.

Cangas atópase a 27 Km de Pontevedra, 28Km de Vigo e a 83Km de Santiago de Compostela.

As estación de autobuses de Vigo e Pontevedra teñen servizos regulares a Cangas.

 

En barco

É unha viaxe moi recomendada, xa que ofrece a oportunidade de ver Cangas e Vigo dende o mar. Os barcos saen cada media hora cara a Vigo e viceversa, realizando o traxecto en 20 minutos. Durante o verán tamén saen barcos para as Illas Cíes.

 

En avión

aeroporto máis próximo é o de Peinador en Vigo a 30Km, con acceso doado á autoestrada do Atlántico.

 

En tren

Desde as estacións de ferrocarril de Vigo e Pontevedra, distantes uns 25Km, hai conexión cos autobuses que levan a Cangas.