

O seu verdadeiro nome é os «Xardíns de Soage», adicados a Don Félix Soage Villarino, emigrante en Bos Aires e de familia mariñeira, como agradecemento á grande labor filantrópica que fixo na vila de Cangas. Popularmente coñécese como a «Alameda Vella», en contraposición cós «Xardín do Sinal ou Alameda Nova», xa que foi construída a comezos dos anos oitenta.