
É unha das casas mellor conservadas, tanto exterior como internamente. A Casa do s. XIX, de estilo neoclásico tardío, ten tres balcóns e está rematada nunha bóla da que recibe o nome.
De propiedade dunha familia acomodada, no interior conserva a estrutura orixinal da casa, e no primeiro andar aínda queda o espazo que conformaría a cociña coa lareira. Na parte superior da fronte conserva un reloxo e un pequeno palmeiro.
Na década dos 80 sufriu un incendio importante que supuxo o abandono do inmoble polos seus propietarios e a posterior compra e rehabilitación por parte do concello destinado a fins sociais (actualmente acolle a oficina de turismo e AFAMO na planta baixa, sede de ADICAM no primeiro andar e Asociación Morada no segundo piso).