Cangas ostenta o privilexio de conservar unha serie de danzas ancestrais declaradas de Interese Turístico Galego. Os bailaríns, moi especialmente as mulleres, locen traxes de enorme vistosidade, nada usuais do folclore galego. Un espectáculo único e exclusivo que remite ás raíces máis profundas do noso ser colectivo.