Ir o contido principal

Fonte da Colexiata

Fonte do Cabalo
Dirección Rúa de Santiago. 36940 - Cangas

Tamén chamada popularmente «Fonte do Cabalo», trátase dunha escultura en granito feita por Ignacio Cerviño en 1890, e representa unha escultura de Santiago Matamoros, é dicir do apóstolo Santiago na batalla de Clavijo (ano 844). Está tallada nunha soa peza. Cerviño é autor tamén do Panteón de Ranqueta (situado non cemiterio de Cangas) e do Cruceiro de Hío, entre moitas outras obras que ten no concello.
 
A modo de anécdota dicir que no ano 2008, o escultor Manuel Col, restaurou a man da imaxe de Santiago, danada de moitos anos atrás, e ao pouco tempo de recuperar a man e a espada, foron atacadas nun acto de vandalismo e actualmente volve estar sen elas.