Obra de Xoán Piñeiro que representa a desesperación dun pai mariñeiro á chegada do mar sen nada para dar de comer á súa familia.
A súa muller apóiase nel con tristura, mentres o neno mira con curiosidade o cesto baleiro.
Escultura de gran expresividade e simbolismo.
Tamén se coñece polo nome de «Hoxe non comemos».