Quen somos
A Oficina Municipal de Voluntariado de Cangas nace coa vocación de ofertar ás persoas voluntarias a posibilidade de satisfacer as súas inquedanzas. Actualmente é un punto de información e orientación para voluntariado e asociacións, que garante a participación e coordinación das persoas que colaboran nos programas ou eventos organizados desde as distintas áreas municipais ou asociacións locais.
A quen vai dirixida
A tódalas persoas con inquedanzas voluntarias que queiran colaborar en proxectos de interese social.
Con quen colabora
A Oficina de Voluntariado colabora con asociacións locais e con outros departamentos municipais.
Poboación destinataria segundo segmento de idade
- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior
Áreas de intervención
- Voluntariado e inclusión social.
- Voluntariado e autonomía persoa.l
- Voluntariado e infancia e xuventude.
- Voluntariado e cooperación.
- Voluntariado Ambiental.
- Voluntariado Cultural.
- Voluntariado Cívico.