Ir o contido principal

De compras

Comercio local

Unha ampla oferta de comercios locais, onde o trato non deixa de ser personalizado e o cliente segue a ser o máis importante. Calidade e variedade de produtos en establecementos onde a tradición convive e se mestura coa modernidade. E os grandes descontos na celebración anual da Feira de Oportunidades.

Mercados

O mercadiño atrae cada semana a moitas persoas a Cangas para realizar as súas compras. Preto de 200 postos ambulantes nos que poder atopar roupa, calzado, froita, verdura... enchen a praza do mercado os martes e os venres pola mañá.

Praza de abastos

O edificio, monumento arquitectónico de principios do século XX, foi construído grazas aos fondos achegados por Don Félix Soage Villarino. Espazo de venda de peixe fresco da propia ría, froita e hortalizas das hortas da vila, panadería e empanadas e outros servizos.