Nabia
Eduardo Vicenti, 11 2ª. 36939 - Bueu
info@piratasdenabia.com
986 320 048 / 696 991 989 / 902 995 630
As Illas Cíes en pleno corazón das Rías Baixas, foron declaradas xunto coas Ilas de Ons, Sálvora e Cortegada, Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. O arquipélago das Cíes, composto polas illas de Monteagudo, Faro e San Martiño, combina tranquilas praias, agrestes acantilados e grandes pinares. Acollen ademais unha das maiores colonias de aves mariñás do continente e a súa flora componse de especies protexidas propias de zonas de acantilados e dunas.
É posible acceder a elas nos barcos, das navieiras Mar de Ons e Nabia que saen regularmente do noso porto. A tempada de visitas comprende a Semana Santa e o período de xuño a setembro, aínda que, se o tempo acompaña, é posible contratar visitas organizadas.
* Para visitar as Illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada), é necesario sacar primeiro a autorización en https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/inicio e logo mercar o billete ou ben online ou nalgunha das navieras autorizadas.
Eduardo Vicenti, 11 2ª. 36939 - Bueu
info@piratasdenabia.com
986 320 048 / 696 991 989 / 902 995 630
info@mardeons.com