Ir o contido principal

Miradoiros

O concello de Cangas conta con varios miradoiros desde os que é posible contemplar toda a beleza das paisaxes que rodean a comarca, con marabillosas vistas da  Costa da Vela, as Illas Cíes, as rías de Vigo e Pontevedra, as fantásticas praias, etc.

Nun día despexado, poder contemplar como o sol se vai agochando detrás das illas Cíes, desde o miradoiro de Cabo Home é unha das cousas que ninguén debería perderse. Os nosos miradoiros están adaptados a todas as necesidades, con amplas zonas de descanso onde poder comer e pasar o día gozando das vistas.