Ir o contido principal

Miradoiro de San Roque

Miradoiro de San Roque

Miradoiro situado no alto do Monte de San Roque, nunha explanada e ao pé da Capela de San Roque. Vistas de Cangas e da Ría de Vigo. Zonas con árbores e sombra. Desde o centro de Cangas pódese chegar tanto a pé (uns 20 minutos camiñando) como en coche. Para unha cadeira de rodas sería accesible salvo o inconveniente de que é todo costa. 

Flora: Carballos, piñeiros e eucaliptos. Destacan os dous grandes piñeiros mansos (Pinus pinea) a carón da capela.