Atópase no extremo occidental da Península do Morrazo, elevado sobre o océano, acollendo ao longo dos séculos distintas expresións de vida na comarca. Desde aquí o viaxeiro pode contemplar, ademais das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abrangue gran parte das Rías Baixas.
Para chegar:
- En autobús. Empresa Cerqueiro que realiza a liña Cangas-Donón cunha saída ao día ás 11:30 horas.
- En coche. Saír de Cangas pola Avenida de Bueu dirección Aldán pola PO 315. Seguir esta estrada 3 km ata atopar o indicativo á man esquerda cara O Hío. Xirar á esquerda no cruce, seguindo as indicacións «Cabo Home» e “Monte Facho”.


