Ir o contido principal

Miradoiro Costa da Vela

Miradoiro Costa da Vela

Os acantilados da Costa da Vela, pertencentes a Rede Natura 2000, atópanse no extremo máis occidental da Península do Morrazo. Desde aquí o viaxeiro pode contemplar, ademais das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abrangue gran parte das Rías Baixas.

Para chegar:

  • En autobús. Empresa Cerqueiro que realiza a liña Cangas-Donón, cunha saída ao día ás 11:30 horas.
  • En coche. Saír de Cangas pola Avenida de Bueu dirección Aldán pola PO 315. Seguir esta estrada 3 km ata atopar o indicativo a man esquerda cara O Hio. Xirar á esquerda no cruce, seguindo as indicacións «Cabo Home» e “Monte Facho”.

Servizos dos que dispón: aparcadoiro, chiringuito e restaurante nas proximidades.