
Poucas poboacións de tan reducido tamaño contan cunha ría propia. Aldán é unha vila mariñeira, onde o viaxeiro poderá contemplar as vivendas deste antigo burgo de pescadores. Especial atención merece o paseo marítimo que conduce ata o porto bordeando a praia.
Para chegar:
- En autobús. Empresa Cerqueiro que realiza a liña Cangas-Bueu pola costa, con parada a 20 metros do paseo marítimo de Aldán.
- En coche. Saíndo de Cangas pola Avenida de Bueu dirección Aldán pola PO 315. Seguir esta estrada 4,5 km ata atopar o indicativo a man esquerda de “Porto de Aldán”.