Horario de atención ao público: de 8:30 a 15:00 horas.
A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) atende a persoas de Cangas, Moaña e Bueu, con problemas de drogas ilegais, e legais (alcohol e tabaco), ou adiccións comportamentais. Así como a familiares que demanden orientación.
A atención é gratuíta, confidencial e voluntaria. Existen diversos programas de tratamento (libres de drogas, derivados opiáceos, tabaquismo, interdictores do alcohol, psicoestimulantes, desintoxicacións, prevención recaídas…), pero o tratamento é personalizado. Ademais de interdisciplinar (traballo en equipo), científico, comunitario e ambulatorio (pode derivarse á Unidade de Día en Vigo ou Pontevedra, ou Comunidade Terapéutica en Tui).
O equipo está formado por 2 psicólogos especialistas en clínica, un médico psiquiatra, unha traballadora social, unha D.U.E., unha auxiliar de enfermería e un auxiliar administrativo.
A UAD depende laboralmente do Concello de Cangas, pero está subvencionada polo SERGAS, polo que depende funcionalmente da Subdirección Xeral de Xestión Sociosanitaria e Saúde Mental, da Consellería de Sanidade. Ten acceso ao IANUS e citas polo SIHGA.
Para solicitar cita: a través do médico de cabecera no seu Centro de Saúde, chamando por teléfono ou directamente no UAD.