A promoción da saúde é un aspecto clave para a mellora da calidade da vida de tódalas persoas do noso concello e non se garante unicamente cos servizos sanitarios, senón que ten moito que ver cos estilos de vida, as condicións medio ambientais, o deporte, os servizos sociais, a educación e outras medidas políticas, económicas e sociais.
Dende o Concello de Cangas, nesta lexislatura queremos inverter en saúde, impulsando proxectos relacionados coa saúde e o benestar das persoas, co obxectivo de incrementar o seu nivel de saúde na actualidade para garantir un mellor futuro para todos e todas.