COVID-19
Atención ao público preferentemente con cita previa.
Horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas
- Casa do Concello: 986 300 050 ou por email : info@cangas.gal
Os Servizos Sociais Municipais están a disposición da veciñanza para informar e/ou tramitar as axudas que poidan cubrir as necesidades sociais actuais.
CENTRO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL
Teléfono 986392266 / 986392267 e no correo benestarsocial@cangas.gal.
ATENCIÓN TEMPERÁ
Teléfono 986392266 / 986392267 e no correo atenciontempera@cangas.gal.
Cóntase con diferentes servizos de atención a Violencia de Xénero
Información 016
Emerxencias 112
Apoio 682 916 136
Psicolóxico (WhatsApp): 682 508 507
CIM (Centro Información ás mulleres) DE CANGAS : 986392268 e no correo cim@cangas.gal
EVITAR CONTAXIOS
Ante a excepcionalidade do momento no que vivimos a causa da expansión do Covid-19 e co fin de evitar contactos entre doentes que poden aumentar o risco de contaxio, así como de limitar ao máximo as acumulacións na sala de espera , o Centro de Saúde e o Concello de Cangas informan:
1º.- Illamento domiciliario: Non busques escusas para saír de casa, sae o menos posible e só
2º.- Non acudas ao Centro de Saúde. Chámanos Chamaremos por teléfono se é urxente e inevitable, resolverémosche o problema
3º.-As chamadas deber ser o mais breves posible, para poder atendervos a todos
OVID-19: Se cres que estas infectada/ou ( catarro e febre). CHÁMANOS POR TELÉFONO, darémosche instrucións e si é necesario solicitaremos a proba diagnóstica.
Ante a gravidade da situación e a previsible falta de recursos humanos e materiais , centralizarase a atención a pandemia no SAP de Cangas, anexo urxencias.
Antes de acudir CHAMA POR TELÉFONO : 986 392 028 986 392 231
ASISTENCIA PSICOLÓXICA
- Asistencia psicolóxica para sanitarios, policía, persoal de protección civil, etc. - 91 700 79 89
- Atención psicolóxica para a población xeral - 91 700 79 88
As persoas que queiran colaborar:
- Bolsa de persoas que queren axudar de algún xeito ( compra , realizando mascarillas, reparto de pedidos...)
Voluntariado : 986 392 171 ou no email voluntariado@cangas.gal
Persoas que precisen axuda:
Se es unha persoa maior, estás soa ou enferma e precisas axuda CHAMA AO 986 30 45 50.
PROTOCOLOS
18.01.2021 - Estrategia de vacunación COVID-19
22.12.2020 - Protocolo de nadal
04.12.2020 - Medidas de saúde pública de cara ás festas do Nadal
29.06.2021 - Medidas COVID actividades de tempo libre
PROTOCOLOS DO CONCELLO DE CANGAS
24.09.2020 - Adaptación situación Covid
21.10.2020 - Medidas Covid en locais municipais
11.11.2020 - Adaptación comunidade educativa do conservatorio
30.12.2020 - Recordatorio das restricións que rixen no Concello de Cangas
15.01.2021 - Novas restriccións en Galicia con excepcións de movilidade
20.01.2021 - Restriccións COVID-19 para o Concello de Cangas en Nivel Medio Alto
26.02.2021 - Restriccións MEDIAS a partir do 26/02/2021
SEGURIDADE CIDADÁ
18.11.2020 - Programa rescate para autónomos afectados pola Covid 19
- Desinfección e fumigación dos espazos públicos: centro de saúde, supermercados, farmacias, praza de abastos...etc
- Si detecta algún espazo que precise dunha desinfección ou fumigación póñase en contacto mediante a línea do concello ou no Xestor de Incidencias do Concello: https://emerxia.gal/cangas
Á espera de estudar novas medidas xa está acordado.
- Queda Suspendido o período de cobramento dos padróns fiscais aprobados e pendentes a día de hoxe, así como a emisión do cobro das remesas de taxas e prezos públicos por servizos, actividades ou ocupacións do espazo público que actualmente se atopan suspendidas, prohibidas ou afectadas.
-Prohibición de suspender o subministro de auga a consumidores vulnerables durante o estado de alarma
COMUNICADOS
Comunicado do Concello a toda a cidadanía
Comunicado de peche do Concello
AVISOS VINCULADOS
05.03.2021 - Reapertura de parques e zonas deportivas
21.10.2020 - Reducción mercado ambulante por orden de sanidade
06.11.2020 - Reducción do mercado 50%
03.11.2020 - Peche de parques infantis
16.03.2020 - Información sobre o COVID-19
14.03.2020 - Consultorio médico de O Hío: PECHADO
13.03.2020 - Suspensión de prazos administrativos
25.04.2020 - Saídas controladas para nenas e nenos
INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
Buenas prácticas en la prevención frente al COVID-19
¿Que lle digo as nenas e nenos sobre o coronavirus?
¿Que debes saber do coronavirus?
Xuntanzas de comunidades de propietarios
NORMATIVA
Normativa do DOG e BOE sobre o coronavirus
Datos actualizados do COVID na área de Vigo
Dende o Servizo de Orientación Laboral do concello de #Cangas, poñemos a vosa disposición os enlaces da páxina do SEPE nos que se vos ofrece información relacionada tanto coa solicitude de PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, como da súa percepción e mantemento. No caso de ser solicitante de prestación porque a túa situación é de desemprego, preme en este enlace Ou podes solicitar cita previa na que se te atenderá telematicamente. As persoas afectadas por ERTEs NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE PRESTACIÓN POR DESEMPREGO. A súa empresa encargarase de facelo cando estea aprobado o ERTE. Si estás afectado por un ERTE, NON presentes solicitude, ni solicites cita previa. A utilización indebida destes canles dificulta a atención e a prestación do servizo. Se estás a percibir subsidio para MAIORES DE 52 anos ou queres solicitalo, preme en este enlace No caso de ser persoal contratado como EMPREGADA/O DE FOGAR poderás acollerte as novas medidas adoptadas polo Goberno, ben por cese total ou parcial da actividade. Neste enlace poderás atopar toda a información relacionada co teu perfil profesional. Igualmente, no referente ás dúbidas presentadas sobre a actualización e renovación da DEMANDA DE EMPREGO, remitimos ao enlace da Oficina Virtual de Emprego que establece que NON SERÁ NECESARIA A SÚA RENOVACIÓN ATA O 30 DE ABRIL DE 2020. Esta información irase renovando a medida que se vaian producindo cambios relacionados coas medidas adoptadas tanto polo Goberno central como polo goberno da Xunta de Galicia. GUÍA COAS PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE AS MEDIDAS ADOPTADAS POLO MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDADE SOCIAL E MIGRACIÓNS Se te atopas en SITUACIÓN DE DESEMPREGO NON MOTIVADA POR UN ERTE siga os seguintes pasos: Para máis información, preme AQUÍ Damos difusión a guía aclaratoria sobre a nova prestación extraordinaria para autónomos facilitada pola Secretaría de Estado da Seguridade Social
A Secretaría de Estado da Seguridade Social ven de publicar unha serie de medidas adoptadas polo Instituto Social de la Marina (ISM), para minimizar as limitacións derivadas da declaración do estado de alarma, que afectan directamente ó sector pesqueiro
Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:
• NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
• NON se dará de baixa, ata o 30 de abril, ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
• NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
• Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, de ser o caso, para citas de SEGUIMENTO TELEFÓNICO.
• Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
Dáse difusión ao último boletín de emprego semanal publicado por a Axencia de Desenvolvemento Local de Santiago de Compostela con ofertas laborais que poden ser do voso interese. Non deixedes de premer na ligazón que se xunta
Difundimos información relevante para autoónomos e pemes referente ó pagamento de cotizacións sociais, facilitada pola Secretaría de Estado da Seguridade Social
• Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode
-Obter o recoñecemento da prestación contributiva no momento
-Presentar a solicitude
A través da seguinte ligazón: Aquí
• Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode
-Formulario para pre-solicitud individual de prestaciónes por desemprego. Solo enviar este formulario se rematou o seu contrato ou o despediron, non o faga si está en un ERTE. NON enviar si xa solicitou cita previa ou presentou solicitude no sepe por outro canle.
-Solicite cita previa telemáticamente para ser atendido por el SEPE (indique correo electrónico).
A través da seguinte ligazón
Dende o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Cangas, poñemos a vosa disposición o enlace da páxina da OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO do SPEG coas preguntas máis frecuentes entre as que podemos atopar as relacionadas coa RENOVACIÒN DA DEMANDA DE EMPREGO onde especifica que: NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de ABRIL de 2020.
O DOG de hoxe ven de publicar axudas a #PEMES e #autónomos galegos que desenvolvan proxectos de fabricación de equipamento sanitario de utilidade na loita fronte ao #COVID-19. Máis información na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200415/AnuncioO92-130420-0001_gl.pdf
Dáse difusión ás MEDIDAS URXENTES DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (oficinas de emprego). No ámbito do Servizo Público de Emprego de Galicia, e en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) publicadas no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200417/AnuncioG0244-150420-1_gl.pdf?fbclid=IwAR09sVb42bsKy8jxGrQuDJ3qua1cqykXol-lZ36JJXTEygeK0u_YHldV1Vg , no que específicamente adóptanse as seguintes medidas:
Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
Para a realización de trámites urxentes na demanda de emprego amplíanse os servizos telemáticos á disposición da cidadanía:
• Novo formulario web para a tramitación de altas iniciais.
• Ampliación dos servizos para a reactivación da demanda a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.
Estes dous servizos, xunto coas restantes medidas acordadas pola Xunta de Galicia en favor das persoas demandantes de emprego e os datos de contacto da rede de oficinas de emprego, están dispoñibles no Portal de emprego de Galicia: https://emprego.xunta.gal.
Damos difusión á RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 14 de abril de 2020. Preme aquí para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200428/AnuncioG0426-270420-0001_gl.pdf
O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica a RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2020 pola que se invitan as empresas e outros operadores económicos para que manifesten o seu interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co #COVID19. Deixámosvos aquí a ligazón para a súa consulta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200423/AnuncioO92-220420-0001_gl.pdf
Infórmase das medidas adoptadas para persoas traballadoras transfronterizas (Galicia-Norte de Portugal) afectadas por un ERTE (en Galicia) ou LAY-OFF (en Portugal) poden acceder á información e á prestación de desemprego dende o seguinte enlace: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=491
A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA publica a ORDE do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de
regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo #COVID19.
Aquí a ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200427/AnuncioG0424-240420-0001_gl.pdf
A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL publica a ORDE do 27 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a VENDA DIRECTA DE PRODUCTOS AGROGANDEIROS nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en HORTAS DE CONSUMIDORES FINAIS e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.
Para máis información, preme aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200428/AnuncioG0426-270420-0001_gl.pdf
Damos publicidade a infografía aclaratoria da Xunta de Galicia sobre cómo solicitar o adianto da prestación dos ERTEs previamente autorizados: https://ficheiros-web.xunta.gal/cei/coronavirus/pasos-anticipo-prestacion-erte.pdf
Recuperamos a publicación sobre as Preguntas máis Frecuentes das Persoas Demandantes sobre as medidas #COVID19. Esperamos que sexan do voso interese: https://emprego.xunta.gal/portal/portal/Demandantes/Galego/Documentos/faqs-emprego-dig_05_novo.pdf
Procedemos a facilitar o enlace informativo para todas as persoas que queiran obter un anticipo da prestación derivada dun ERTE. COMO PODO OBTER UN ANTICIPO DA MIÑA PRESTACIÓN DERIVADA DUN ERTE? PREME AQUÍ PARA INFORMARTE: https://emprego.xunta.gal/portal/portal/Demandantes/Galego/Documentos/infografia-anticipo-04.pdf
Achegamos normativa importante publicada no BOE de onte, 3 de maio, reguladora das condicións para a apertura ó público de determinados comercios e servicios nesta #fase0 da #desescalada: https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/03/pdfs/BOE-A-2020-4793.pdf
SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA EMPREGADAS DE FOGAR. COMO SOLICITALO?
"Lo podrá solicitar si antes del 14 de marzo, usted trabajaba como empleada de hogar y estaba dada de alta en la Seguridad Social, y la declaración del estado de alarma del 14 de marzo, le afectó en uno o varios de los trabajos que realizaba como empleada de hogar".
• PRAZO DE PRESENTACIÓN: A partir del día 5 de MAYO hasta el día en que finaliza el mes siguiente al día de fin de vigencia del estado de alarma.
• SOLICITUDE:
Presencial: Usted podrá descargar e imprimir la solicitud y presentarla en cualquier oficina de asistencia en materia de registros o en las oficinas de correos, dirigiéndola a Unidad Subsidio Empleadas Hogar. Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal, Calle Condesa de Venadito Nº9, 28027-Madrid. Para descargar e imprimir la solicitud NO necesita DNI electrónico, certificado electrónico o Cl@ve ONLINE: Puede presentar su solicitud online en la SEDE del Servicio Público de Empleo Estatal, siempre que disponga de DNI electrónico, certificado electrónico o Cl@ve.
PARA MAIS INFORMACIÓN PREME NO SEGUINTE ENLACE: http://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/comunicacion-institucional/noticias/detalle-noticia.html
- Log in to post comments