Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Enredos de Nadal

O Concello de Cangas a través das Concellarías de  Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2018”, que ten coma obxectivos principais:

 

  • Fomentar a igualdade de oportunidades
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.

 

Dirixido a: Nenos/as de  4 a 12 anos .

  • Grupo de 4-6 anos
  • Grupo 7-10 anos
  • Grupo 11-12 anos

 

Datas:

  • 1ª quenda: 26/27/28
  • 2ª quenda: 31/2/3/4
  • Actividade completa: 26/27/28 decembro e 31/2/3/4 de xaneiro

Horarios: Actividades 9:00 – 14:00 horas 

 

Actividades a desenvolver: Talleres, xogos cooperativos, dinámicas de grupo, comedor.

 

Lugares: CEIP Nazaret //CEIP Espiñeira (se hai rapaces para facer grupo)

 

Prezo: Actividades de mañá: 5 €/día

            

Inscrición: Ata o mércores 12 de decembro

 

Información e inscrición: Casa da Xuventude (Rúa Real 29,  teléfono 986392171)

 

NOTA: A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a disposición dos veciños/as de Cangas  axudas para  unidades familiares que por escasez de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de Benestar Social, teléfono: 986392266.