Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade queremos comunicar que o próximo día 2 de setembro abre o prazo de preinscripción para as Aulas Activas de Maiores mediante a convocatoria de diferentes Obradoiros.
O obxectivo destes obradorios é integrar as persoas maiores na vida da vila como suxeitos activos e para elo promovemos o envellecemento activo e saudable. Un dereito ao ocio, á formación, á cultura, e á práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidan intervir activamente na vida económica, social, cultural e política.
Todas as persoas interesad@s deben dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social sito na rúa Andalucia nº3, baixo, Cangas.
Son requisitos imprescindibles para apuntarse:
- Estar empadroado/a no Concello de Cangas
- Pagar 30 euros no momento da inscrición.
- Ter mais de 55 anos: acreditando ser pensionista ou carecer de rendas, a excepción do subsidio de desemprego (e non ter traballado nos últimos 12 meses).
Os obradoiros ofertados son:
- Informática
- Ximnasia: Gatañal, Romarigo, Coiro e Aldán
- Relaxación-Ioga:Cangas e Aldán
- Pilates
- Debuxo e Pintura
- Bailes de Salón
- Memoria: Cangas e Nerga
O Concello de Cangas pretende, un ano máis, enfocar estes obradoiros dirixidos a persoas maiores, cunha dobre función social: educativa e lúdica.
Os participantes benefícianse dos diferentes obradoiros propostos polo Concello de Cangas como unha alternativa para ocupar o seu tempo de lecer, dun xeito participativo, consciente e útil.