Cos programas a atención da dependencia buscamos dar resposta a situación na que se atopan as persoas por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade e ligadas a falta ou a perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, que precisan da atención de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria, ou de outros apoios para a súa autonomía persoal.
Información, orientación e asesoramento sobre o procedemento para tramitar o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións e recursos contemplados na Lei de Atención a Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal.
Contactar co Centro Municipal de Benestar Social