
O programa de axuda no fogar é un servicio municipal comunitario, con caracter social, que tende a prever situacións de crise persoal e familiar prestando unha serie de atencións de carácter doméstico e social aos individuos ou familiares que se atopen en situación de especial necesidade para o desenvolvemento dunha vida cotiá normalizada:
- Persoas maiores que vivan soas e non poidan valerse por si mesmas.
- Persoas maiores que vivan con familia que teñan dificultades para atendelas adecuadamente.
- Persoas con discapacidade que precisen axuda para manter unha vida o mais norrmalizada e integradora posible.
- Familia e infancia, asegurando a mellora da vida familiar, evitando internamentos innecesarios dos seus membros e exercendo de maneira transitoria a atención que require a infancia ante situacións de grave dificultade dos seus maiores.
- Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.
Duas modalidades:
- Prestación básica.
- Persoas dependentes