Facilita información e orientación dos recursos existentes para cubrir inicialmente as distintas necesidades dos colectivos de dependentes, persoas maiores e persoas con discapacidade, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia dirixindo as súas demandas, se procede, ao departamento e/ou á administración correspondente, así como dos programas da Xunta de Galicia dirixidos a ditos colectivos. É un servizo permanente as 24 horas do día, tódolos días do ano, e de carácter gratuito. As prestacións básicas de este teléfono social son a atención personalizada, información e orientación sobre recursos sociais, intervencions en casos de risco de abandono ou de maltrato con derivación e canalización, se é o caso, aos servizos sociais correspondentes.