Horario de luns a venres de 17:00 a 20:00, os meses de outubro a xuño.
A Ludoteca da Casa da Xuventude parte da necesidade de ofertar actividades lúdico-educativas para o tempo de ocio de nenas e nenos, sector social que tradicionalmente demanda e precisa deste tipo de servizo, tratando de conciliar a vida familiar e laboral.
O proxecto apoiase nos piares principais educativos e de ocio actuais, onde priman a experimentación, a manipulación e o aprendizaxe por descubrimentos con base lúdica.
Na Ludoteca realízanse obradoiros de tempo libre temáticos, que seguen un fío condutor que marca as actividades de cada mes.
Dende a Concellaría de Mocidade ponse a disposición das persoas interesadas este servizo que ten os seguintes obxectivos:
- Promover o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos/as.
- Conseguir que os/as pequenos/as adquiran hábitos saudables e construtivos no seu tempo de lecer.
- Axudar aos cativos/as a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo, a lectura e a experimentación.
- Promover actitudes participativas nas actividades lúdicas e socioculturais.
- Establecer pautas e bases normativas cívicas e sociais de respecto e interacción nas actividades en grupo.
- Educar en valores.
- Detectar, precozmente, condutas inadecuadas como agresividade, illamento, atraso na maduración, marxinación; e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.
O servizo da Ludoteca está dirixido a nenos e nenas do Concello de Cangas que teñan entre 4 e 10 anos.
Este servizo conta con actividades de carácter permanente: obradoiros, animación a lectura, xogos, etc.; ás que poderán acceder tódolos usuarios que se inscriban para esas actividades.
Ademais de estas actividades, realizaranse outras actividades culturais e celebración de datas sinaladas, etc, para participar nestas actividades, todas/os os/as usuarios/as deberán entregar unha autorización que se lles entregará previamente.
Tódalas/os usuarias/os, así coma nais/pais/titores, terán acceso ao calendario e programa da ludoteca no que se reflectirán as diferentes actividades, horario, datas e periodicidade.
As actividades semanais que se desenvolven son:
- Animación á lectura
- Xogos tradicionais
- Dinámicas de grupo
- Contacontos
- Reciclaxe
- Obradoiros
- Conmemoración de datas sinaladas
- Promocionar a lingua e literatura galega
Séguenos no noso Facebook: Ludoteca Cangas
Como inscribirse nas actividades
As persoas interesadas en inscribir aos nenos e nenas nas actividades terán que:
- Cubrir este formulario de solicitude e presentalo na Casa da Xuventude
- Unha vez presentado o formulario, procederase a expedición da taxa a efectuar.
- Presentar o recibo do pago novamente na Casa da Xuventude.